coñécenos

Nacido en Santiago de Compostela, en 1973. Licenciado en dereito e avogado de profesión. Na actualidade é Deputado Autonómico pola provincia de Pontevedra.

María José Rodríguez Teso (Pontevedra, 1963) é diplomada en Inglés pola Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Cursou dous másteres nesta lingua e é técnico administrativo. Durante catro anos ocupou a presidencia da Federación Provincial das ANPA dos centros públicos de Pontevedra e a vicepresidencia de CONFAPA-Galicia (Confederación Galega de ANPA de centros públicos de Galicia).
Na actualidade compaxina o seu labor como concelleira no Concello de Pontevedra polo grupo municipal do Partido Popular cos estudos de Grao en Socioloxía e Inglés, que cursa na Universidade Nacional de Educación a Distancia de Pontevedra (UNED).

Nacido en Pontevedra, en 1948. é arquitecto e exerce como tal en Pontevedra. Proven de unha familia con tradición na arquitectura, xa o foi o seu avó e o seu bisavó, tamén o seu fillo maior e prepárase para selo o pequeno.

Nacida en Portas, en 1976. Licenciada en filoloxía inglesa, traballou como profesora e secretaria da UNED de Pontevedra ata o seu nomeamento como Deputada Provincial, labor á que na actualidade se adica a tempo completo.

Nacida en Pontevedra, en 1955. Licenciada en filoloxía francesa, hispánica, galega e diplomada en linguaxe administrativo. Traballa na editorial da Deputación de Pontevedra.

Nacida en Pontevedra en 1961. Empregada de banca dende hai 27 anos. é unha muller positiva e traballadora.

Nacido en O Grove, en 1941. Foi directivo de Caixanova. é un home moi rigoroso e traballador.

Nacida en Pontevedra, en 1974. é licenciada en dereito, con un máster en prevención de riscos laborais, tamén conta con un curso superior de xerencia de riscos.

Nacido en Pontevedra, en 1984. é Enxeñeiro Técnico Industrial. Unha das súas paixóns é a música, da que disfruta sempre que pode cos seu compañeiros da banda de Música de Salcedo, da que é saxofonista.

Nacida en Pontevedra, en 1970. é unha empresaria autónoma que seguiu os pasos de moitos pontevedreses, que tiveron que loitar día a día para sacar os seus negocios adiante.

Nacido en Pontevedra, en el 1979 Diplomado en empresariales, presidente de NNGG Pontevedra (2005/2007) y secretario regional de NNGG de Economía y empleo (2006/2010)