coñécenos
O Partido Popular ten a súa orixe en Alianza Popular, que no ano 1989 se uniu co Partido Demócrata Popular e co Partido Liberal co obxectivo de constituír unha formación única. Dende entón creceu de xeito constante, ata chegar aos máis de 800.000 afiliados cos que conta na actualidade. O ex presidente da Xunta de Galicia e un dos pais da Constitución Española, Manuel Fraga, foi o seu grande impulsor. A día de hoxe ocupa o cargo de presidente fundador.
Presidido na actualidade por Mariano Rajoy, o PP é un dos partidos máis representantivos e consolidados de España, xunto ó Partido Socialista Obreiro Español. Goberna en seis comunidades autónomas e en Ceuta e Melilla, é o principal partido da oposición estatal, ten delegacións en todas as comunidades autónomas e en varios países, nos que se denomina PP Exterior. Forma parte, ademais, do Partido Popular Europeo, a Internacional Demócrata de Centro e a Unión Internacional Demócrata.
O Partido Popular celebrou no ano 2008 o seu último congreso nacional, no que Mariano Rajoy foi reelxido presidente nacional; dende aquel ano, María Dolores de Cospedal encárgase da Secretaría Xeral.