O CANDIDATO

O candidato

Seguramente as referencias que teredes de min sexan só as relativas á miña labor política no Concello de Pontevedra.

 

Pero ao igual que vos son, ante todo, un veciño máis de Pontevedra. A miña faceta privada é a máis descoñecida, así que tratarei de resumirvos un pouco a miña vida a través dunhas cantas pinceladas.

 

Nacín en Santiago de Compostela, o 7 de xullo de 1973. Estou casado e teño dúas fillas.

 

Os meus primeiros pasos na educación os din da man da miña nai, mestra nunha escola unitaria, que me levaba con ela e coa que aprendín a ler aos catro anos, no medio dos alumnos de cursos superiores.

 

Cursei os meus estudos de EXB, BUP e COU no Colexio Manuel Peleteiro.

 

No colexio xuguei nos equipos de basket e balonman, e tamén formei parte do grupo de baile galego. Tempo despois me propusen entrar na tuna. O intentei co laúd, pero non había maneira. Me din conta de que non era o meu. Máis tarde probei coa pandereta e así conseguín o meu obxectivo.

 

Aos 12 anos, a base de fixarme nos compañeiros da tuna que tocaban a guitarra comezou a miña paisón por ela; e coa axuda do meu mellor amigo da nenez, aprendín pouco a pouco a tocar ese instrumento. Aí me din conta de que cando te gusta algo e lle pos gañas, o acabas conseguindo.

 

Neses anos nos entrou o bicho de montar un grupo de rock. Como lle ocorre a calquera conxunto de rapaces que comeza, non tiñamos nin instrumentos nin local de ensaio, nin os medios tecnolóxicos que hoxe existen e están ao alcance de calquera. Pero tiñamos o máis importante: ilusión. Pouco a pouco e con moito esforzo fomos saíndo adiante axenciándonos instrumentos prestados e ensaiando nos sitios máis inverosímiles. Por iso, algo que sempre intento transmitir ás miñas fillas é que hai que vivir con ilusión, traballar para conseguir os obxectivos e ser forte ante as adversidades que vaian xurdindo.

 

Seguindo coa música, unha anéctoda que lembro con moito cariño… No ano 1993 montamos outro grupo para participar nun concurso. Compusimos varias cancións e as gravamos nunha maqueta en tempo récord, e con ela conseguimos clasificarnos para a segunda fase e compartir escenario con Los Limones e cun grupo que entonces comezaba a despuntar e se chamaba Los Piratas. Canto lograron progresar estes dous grupos e cantas veces escoitamos as súas cancións.

 

Parte dos veráns da miña nenez os pasaba na aldea do meu pai, onde gozaba bañándome no río, remando en piragua e pedaleando en bicicleta. Sempre me encantou o deporte e o intento seguir practicando, a veces de xeito pasivo, aproveitando o bo nivel que temos en Pontevedra, outras saíndo a correr pola Illa das Esculturas.

 

Aos 18 anos entrei na Universidade de Santiago de Compostela, onde me licenciei en Dereito. Alí foi a primeira vez que me presentei a unhas eleccións, coa Asociación Liberal de Estudiantes. Compartía cartel con outro rapaz máis xoven ca min, José Manuel Rey Varela, que hoxe é Alcalde de Ferrol. Foi o momento no que realmente me din conta da miña vocación como político e, o máis importante, que cando tes un posto relevante tes tamén unha grande responsabilidade, polo que, como mínimo, tes que comprometerte con traballo, traballo e traballo.

 

 

Posteriormente cursei os dous anos na Escola de Práctica Xurídica, a través da cal desempeñei períodos de prácticas nun bufete de avogados e na Consellería de Educación.

 

Traballei logo en dúas firmas de avogados e no ano 1999, a través dun anuncio de emprego que lin no xornal, me presentei ás probas de selección para asesor xurídico da firma galega Financiera Maderera S.A. (Finsa). Fun seleccionado e nesa empresa estiven máis de cinco anos ata que decidín abrir o meu propio despacho en Pontevedra.

 

Fai xa uns cantos anos casei cunha pontevedresa e eliximos Pontevedra para vivir. Os dous coincidimos en que Pontevedra era o lugar ideal para ver crecer as nosas fillas, unha cidade tranquila e con moitas posibilidades de desenvolvemento. Pouco evolucionou nestes anos pero estou seguro de que Pontevedra e os pontevedreses estamos preparados para un cambio, para seguir facendo unha gran Pontevedra construíndo un lugar na que os máis novos teñan oportunidades. Por isto a política xa forma parte da miña vida, se converteu nun compromiso e nunha responsabilidade coas persoas da nosa querida Pontevedra.

 

 

 

PP de Pontevedra

Calle Palamios Nº 7, Bajo
36001 Pontevedra
TFN 986. 84 38 04
FAX 986. 86 25 93
informacion@ppdepontevedra.com

Últimos tweets

  • RT @RafaDominguezPo: Queremos una Pontevedra sin contenedores en la calle, no una Pontevedra que despilfarra cientos de miles de euros en u…
  • RT @vozpontevedra: El PP promete retirar todos los contenedores de basura si gobierna https://t.co/d5ES7yChUG https://t.co/jMTizLuV2g
  • W3C WAI-AA
  • tawdis AA
    Herramienta usada para el análisis de la accesibilidad
  • W3C CSS
  • mobile ok
    Realizados diversos test para su funcionamiento optimo en dispositivos móviles

CONTACTA CON
JACOBO MOREIRA //

Gustariame coñecer tua opinión, as túas preocupacións, os teús problemas. Por iso ofrezo este medio para que me fagas o favor de facermos chegar. Prometo ter en conta todo o que me digas, aínda que non necesariamente teña que estar de acordo. Ás miñas redes sociais
lín e acepto a
política de privacidade