24 maio 2013
“O RETRASO NO PLAN XERAL É INADMISIBLE”.
• Ricardo Aguilar: “A tramitación comezou no 2004, e ao longo destes 7 anos e medio custou aos pontevedreses algo mais de 850.000€. • O Partido Popular está disposto a colaborar en todo o necesario para axilizar a tramitación do PXOM.
03.10.2011

Ricardo Aguilar compareceu esta mañá para lembrar a parálises á que o goberno local ten sometido ao PXOM. Para elo lembrou que o Plan Xeral contratouse xa no 2004 fai mais de 7 anos, e supuxo ata o de agora un gasto de 851.692€, é dicir, cada ano os pontevedreses gastáronse unha media de 113.559€. Pero polo de agora o PXOM segue sen rematarse, e aínda faltan trámites tan importantes como o informe previo, a aprobación inicial, a exposición ao público, a aprobación provisional e a definitiva.

O Concelleiro popular afirmou: “A petición do PP, na Comisión de Ordenación do Territorio do 19 de xullo de 2011, compareceu o equipo redactor para informar das últimas reformas. Non se rematou a exposición ao ter que abandonar a Comisión o Sr. Mosquera para acompañar ao Alcalde á visita programada ese día co Presidente da Xunta. O 9 de agosto de 2011 aproveitando unha Comisión de Urbanismo á que asistía o Sr. Mosquera; o que lles fala pediu que convocara a súa Comisión para rematar a información sobre o PXOM. Isto supuxo unha discusión que fixo intervir ao Sr. Louro, que recomendou a Mosquera a convocatoria da Comisión que solicitaba o PP, pero a día de hoxe, esta Comisión segue sen convocarse”.

Ricardo Aguilar tamén fixo alusión aos prexuízos que carrexa a non aprobación de un novo Plan Xeral, entre as os que se atopan:

  • Manter criterios urbanísticos anticuados (de fai 22 anos).
  • Non hai terreos para que novas empresas se poidan instalar.
  • Non dispor de terreos edificables nas parroquias.
  • Mais gasto para modificar os valores catastrais.
  • Aumento dos custos de adquisición de terreos polo Concello ao non estar resolto o novo Plan Xeral, como o terreo dos novos Xulgados, as expropiacións do desdobramento da Avenida de Vigo ou o pago do terreo usurpado na ribeira dos Gafos.

Ante esta perspectiva asegurou que: “O Partido Popular esixe ao Goberno Local que active coa maior urxencia o PXOM para sacalo adiante canto antes, deixando de lado a desidia que os caracterizou durante  mais de 7 anos. O noso grupo político está disposto a colaborar en todo o necesario para acadar a aprobación definitiva do Plan Xeral, incluso se o BNG non quere sacalo adiante, ofrecemos o noso apoio aos socialistas, para que contando coa maioría absoluta, o PXOM sexa unha realidade”.

Máis noticias
o Blog de Telmo Martín
de
Reducción del déficit

 [continua...]

de
La educación

 [continua...]

de
Uno de los mejores líderes

 [continua...]

de
Otra vez el déficit

 [continua...]

Conéctate ao PP de Pontevedra
Participa
RSS

Descárgate os nosos titulares

Podcast

Lévate os nosos audios

Videocast

Lévate os nosos videos

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Outras webs : PP de Galicia
Partido Popular de Pontevedra
R/ Oliva, 4 - ENTREPLANTA 36001 | TFN 986. 84 38 04 FAX 986. 86 25 93