19 maio 2013
Feijóo levanta o Sánchez Cantón ao vaticinar que España recuperará a autoestima
“Ofrecemos suor, esforzo e determinación”, manifestou o presidente da Xunta no mitin central da cidade do Lérez
14.11.2011

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, vaticinou o sábado no mitin central do Partido Popular na cidade de Pontevedra que España recuperará a súa autoestima se Mariano Rajoy é presidente o 20 de novembro.

“Imos traballar e o que podemos ofrecer é suor, esforzo e determinación. É imprescindible demostrarnos que imos ser capaces, que recuperemos a autoestima como pobo”, manifestou no paraninfo do instituto Sánchez Cantón nunha intervención que arrancou en numerosas ocasións os aplausos do público.

O máximo representante do Goberno autonómico mencionou a “falta de compromiso” do PSOE durante os últimos oito anos coa comunidade autónoma que preside. Lembrou que os socialistas non cumpriron cos investimentos que o Plan Galicia incluía para Pontevedra. Feijóo referiuse, máis en concreto, á circunvalación: “É a única capital de provincia que non ten”, subliñou en referencia a este viario; indicou, así mesmo, que os socialistas non levaron a bo porto a construción dunha autovía alternativa para levantar a peaxe entre Pontevedra e Vigo, e rematou a lista dos “debes” citando os constantes atrasos na chegada da alta velocidade.  “Pontevedra tiña tantos compromisos... E non se concretou ningún”, lamentou.

O Partido Popular celebrou o seu mitin no auditorio do Sánchez Cantón, o instituto no que rematou os seus estudos secundarios Mariano Rajoy. Feijóo referiuse á obsesión do PSOE de “tapar o pasado” e considerou a Rubalcaba “imposibilitado” para liderar España. Apuntou que os populares están orgullosos de “non cambiar os nosos principios, ideas ou a nosa forma de facer política. Cando perdemos as eleccións, estivemos no mesmo sitio: non cambiamos o noso líder porque cremos que será o mellor presidente para España”, manifestou.

A número 1 da candidatura por Pontevedra, Ana Pastor, pola súa banda, lembrou que o PSOE non é o único responsable da situación de crise que está a atravesar o país: “A culpa tamén é do BNG. É verdade que só teñen dous votos en Madrid e din que son decisivos. Si, foron decisivos para que Zapatero sacara durante anos iniciativas inxustas para Pontevedra e para aprobar uns orzamentos que esqueceron a nosa provincia”.

Pola súa banda, Telmo Martín agradeceu aos votantes populares a súa fidelidade. O candidato comprometeuse a traballar en  Madrid por todas aquelas demandas que contribúan ao crecemento económico da provincia.

Máis noticias
o Blog de Telmo Martín
de
Reducción del déficit

 [continua...]

de
La educación

 [continua...]

de
Uno de los mejores líderes

 [continua...]

de
Otra vez el déficit

 [continua...]

Conéctate ao PP de Pontevedra
Participa
RSS

Descárgate os nosos titulares

Podcast

Lévate os nosos audios

Videocast

Lévate os nosos videos

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Outras webs : PP de Galicia
Partido Popular de Pontevedra
R/ Oliva, 4 - ENTREPLANTA 36001 | TFN 986. 84 38 04 FAX 986. 86 25 93