26 maio 2013
Os candidatos do PP comprométense a mediar para ofrecer saídas ao Teucro
Ana Pastor: “De aquí sacamos moitos momentos de gloria e queremos que siga sendo así”
18.11.2011

Os candidatos do Partido Popular ao Congreso e ao Senado mantiveron onte pola tarde un encontro cos responsables da Sociedade Deportiva Teucro no que abordaron as dificultades económicas que está a atravesar o club de balonmán pontevedrés.

A cabeza de lista, Ana Pastor; o número 4 da candidatura, Telmo Martín, e a candidata ao Senado, Dolores Pan, escoitaron ao máximo representante da entidade, Carlos García-Alén, e a outros membros da directiva, cos que conversaron sobre a necesidade do club de contar con 80.000 euros antes do 31 de decembro. Os populares foron receptivos e puxeron sobre a mesa o seu compromiso para mediar ante as institucións:  “A crise, desgraciadamente, chegou a un dos nosos clubs máis veteranos, ao Teucro, e o noso compromiso é falar coas institucións para intentar que siga adiante, que para todos os pontevedreses é un referente”, manifestou Ana Pastor tras a reunión.

O Partido Popular quere que a Sociedade Deportiva Teucro se manteña como unha das agrupacións deportivas máis importantes, con máis tradición e máis avoengo da cidade do Lérez. “De aquí sacamos moitos momentos de gloria e queremos que iso siga así. Na parte que nos toca falaremos con todas as institucións para axudar no que podamos”, dixo.

O presidente do Teucro, Carlos García-Alén, apuntou que a visita de Ana Pastor, Telmo Martín e Dolores Pan é unha honra: “Explicámoslle as necesidades que temos e os temas que hai que resolver urxentemente e na medida do posible tratarán de botarnos unha man”. 

Máis noticias
o Blog de Telmo Martín
de
Reducción del déficit

 [continua...]

de
La educación

 [continua...]

de
Uno de los mejores líderes

 [continua...]

de
Otra vez el déficit

 [continua...]

Conéctate ao PP de Pontevedra
Participa
RSS

Descárgate os nosos titulares

Podcast

Lévate os nosos audios

Videocast

Lévate os nosos videos

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Outras webs : PP de Galicia
Partido Popular de Pontevedra
R/ Oliva, 4 - ENTREPLANTA 36001 | TFN 986. 84 38 04 FAX 986. 86 25 93