Esta mañá ao termo da Xunta de Voceiros, Jacobo Moreira compareceu para facer unha valoración dos asuntos tratados.
O concelleiro popular recordou que a pesar de non se celebrar Pleno Ordinario o pasado mes de Decembro, de novo en xaneiro nos encontramos cun Pleno de trámite e sen contido, algo que para o Partido Popular, só demostra a falta de xestión municipal.
Quixo recordar que a aprobación dos Presupostos se atrasará novamente, malia ser unha das prioridades municipais. Ao respecto aclarou: “Fáltanos a columna vertebral do presuposto: o informe de intervención, o anexo de investimentos, o anexo de persoal... faltanos o fundamental, a esencia dun presuposto. Os únicos que nos facilitaron son uns simples estadillos contables, e iso non pode ser cualificado en ningún caso como proxecto de presuposto". A pesar de atrasarse de novo a aprobación do presuposto municipal, Jacobo Moreira sinalou que segue sen considerarse no proxecto o aumento de ingresos a causa do aumento de recadación do IBI.
O propio goberno recoñece que non facilitou ao Partido Popular a documentación completa, senón soamente “Documentación relativa ao presuposto 2012” como a propia notificación de recibo especifica
[continua...]
[continua...]
[continua...]
[continua...]