20 maio 2012
O Goberno Local leva 2 anos sen avances no PXOM
Tras 8 anos de tramitación e 1M€ gastados, a día de hoxe non hai nada aprobado. A previsión de novas vivendas que propón o Goberno Local non é razoable. Jacobo Moreira: "Resulta paradoxal que os que máis criticaron o PXOM de 1989 por “obsoleto e especulativo” sexan agora os seus maiores defensores"
24.01.2012

Ricardo Aguilar e Jacobo Moreira compareceron esta mañá, ao termo da Comisión de Infraestruturas, para dar conta dos asuntos tratados.

Ricardo Aguilar recordou que o actual PGOU de 1989está obsoleto. A redacción do novo Plan remóntase 8 anos atrás, pero a día de hoxe e malia custar aos pontevedreses preto de 1M€, aínda non hai nada aprobado.

Dende que a Dirección Xeral de Urbanismo se emitiu o informe previo á aprobación inicial, en xaneiro do 2010, o goberno local estivo paralizado 2 anos e a súa falta de xestión lévanos a non avanzar na redacción dun Plan tan necesario para o crecemento e ordenación da nosa cidade.

Resulta sorprendente que o bipartito pontevedrés, que non apostou nunca pola execución dun novo PXOM, ameace agora os cidadáns con manter o obsoleto plan de 1989 que, recordemos sempre criticaran, e ademais culpen a Xunta da súa falta de xestión.

Ricardo Aguilar quixo aclarar varios aspectos da tramitación do Plan Xeral:

  • Na primeira proposta presentada á Xunta, o Goberno local solicitaba 30.000 vivendas, cun horizonte temporal de 12 anos, do que resultaba unha previsión de 2.142 novas vivendas/ano.

 

  • Actualmente, manteñen a solicitude de 30.000 vivendas, para un horizonte temporal de 20 anos, do que resulta unha previsión de 1.500 vivendas/ano.

 

  • Si comparamos estas previsións co PXOM vixente (1989) resulta que:

 

  1. O PXOM vixente prevía un crecemento de 1.750 hab. /ano. E consideraba unha previsión de 875 vivendas/ano. Aínda que finalmente, e segundo admitiu o propio Mosquera, soamente se construíron 700 vivendas/ano.

 

  1. Coa proposta actual da Xunta, considérase un crecemento poboacional de 1.000 vivendas/ano. Se a este crecemento aplicamos os parámetros do Plan vixente (1989), o resultado sería unha previsión aproximada de 600 vivendas ano. Podería chegar a aceptarse a previsión de 1.000 vivendas/ ano. Se aplicamos esta previsión ao horizonte temporal de 20 anos, que é o que solicita o Concello, o saldo sería 20.000 vivendas, cifra moi afastada ás 30.000 solicitadas polo goberno local.

Polo tanto, asegurou Ricardo Aguilar- " A proposta do bipartito non é razoable nin aceptable"
 

Jacobo Moreira, engadiu: "Resulta paradoxal que os que máis criticaron o PXOM de 1989 sexan agora os seus maiores defensores. A actitude do goberno local só demostra que non teñen intención de sacar adiante o Plan Xeral. A proposta da Xunta non reduce, en ningún caso a edificabilidade do PXOM actual senón que a amplía”

Máis noticias
o Blog de Telmo Martín

Fatal error: Call to a member function seek() on a non-object in /var/www/vhosts/ppdepontevedra.com/httpdocs/php/clases/simple_html_dom.php on line 278