23 febreiro 2012
O Partido Popular consegue 141.000 € máis para diversas asociacións e plans sociais.
O Grupo Popular segue advertindo que o proxecto de presuposto parte dun erro no cálculo de ingresos de 3,5M€. José Manuel Guillán: "O Plan de Inclusión é competencia municipal"
27.01.2012

 

José Manuel Guillán, concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, compareceu esta mañá para comentar os asuntos tratados na Comisión de Economía e Facenda.


Asegurou que grazas ás emendas presentadas polo Partido Popular, varios colectivos e plans de carácter social da nosa cidade dispoñerán de máis fondos para levar a cabo os distintos labores que veñen desenvolvendo. Algún destes son: Axuda a Domicilio, Emerxencia social, Comedor San Francisco, Albergue de Cáritas, Proxecto Home, AMENCER, Asociación Juan XXIII, Integra Discapacitados Psíquicos ou unha partida para a dignificación das instalacións da protectora de animais.


O concelleiro popular insistiu no erro de base do que parte o proxecto de presuposto 2012, pois o déficit estrutural calculado polo PP tomando como base a liquidación dos 2 últimos exercicios, é de 3,5M€. A pesar de que D. Raimundo González defendeu estas previsións de ingresos (asegura que a previsión se fai sobre a base dos dereitos recoñecidos liquidados), foi emendado pola interventora municipal que no seu informe asegura que os devanditos ingresos se deben calcular sobre a base da recadación líquida.

O concelleiro popular mostrou tamén a súa preocupación pola falta de compromiso do bipartito local con respecto ao servizo de Inclusión Social do Concello de Pontevedra e insistiu na competencia municipal desta xestión, remitíndose á lei 13/2008 do 3 de Decembro, de Servizos Sociais de Galicia, a pesar das reiteradas declaracións do Goberno asegurando o contrario

Máis noticias
o Blog de Telmo Martín
de
Manuel Fraga

 [continua...]

de
A Pontevedra esquecida

 [continua...]

de
Bo Nadal

 [continua...]

de
Unha licenza por comisión

 [continua...]

Conéctate ao PP de Pontevedra
Participa
RSS

Descárgate os nosos titulares

Podcast

Lévate os nosos audios

Videocast

Lévate os nosos videos

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Partido Popular de Pontevedra
R/ Oliva, 4 - ENTREPLANTA 36001 | TFN 986. 84 38 04 FAX 986. 86 25 93