José Manuel Guillán, concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, compareceu esta mañá para comentar os asuntos tratados na Comisión de Economía e Facenda.
Asegurou que grazas ás emendas presentadas polo Partido Popular, varios colectivos e plans de carácter social da nosa cidade dispoñerán de máis fondos para levar a cabo os distintos labores que veñen desenvolvendo. Algún destes son: Axuda a Domicilio, Emerxencia social, Comedor San Francisco, Albergue de Cáritas, Proxecto Home, AMENCER, Asociación Juan XXIII, Integra Discapacitados Psíquicos ou unha partida para a dignificación das instalacións da protectora de animais.
O concelleiro popular insistiu no erro de base do que parte o proxecto de presuposto 2012, pois o déficit estrutural calculado polo PP tomando como base a liquidación dos 2 últimos exercicios, é de 3,5M€. A pesar de que D. Raimundo González defendeu estas previsións de ingresos (asegura que a previsión se fai sobre a base dos dereitos recoñecidos liquidados), foi emendado pola interventora municipal que no seu informe asegura que os devanditos ingresos se deben calcular sobre a base da recadación líquida.
O concelleiro popular mostrou tamén a súa preocupación pola falta de compromiso do bipartito local con respecto ao servizo de Inclusión Social do Concello de Pontevedra e insistiu na competencia municipal desta xestión, remitíndose á lei 13/2008 do 3 de Decembro, de Servizos Sociais de Galicia, a pesar das reiteradas declaracións do Goberno asegurando o contrario