Ricardo Aguilar e José Manuel Guillán, concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular, compareceron para dar conta dos asuntos tratados na Comisión de Infraestruturas e Economía respectivamente.
COMISIÓN DE INFRAESTRUTURAS:
Ricardo Aguilar comentou que o Partido Popular solicitou un certificado aos técnicos municipais no que se asegure que a capacidade edificadora actual (co PXOM de 1989) é de 24.000 vivendas, como asegura o Sr. Mosquera.
Fixo fincapé no debate mantido a raíz do “Plan de Tráfico e Mobilidade”. O concelleiro popular afirmou: “ É claramente excesivo, tanto no seu custo -2,3M€- como no horizonte de aplicación – 8 anos-” e lembrou que a pesar de estarse a construír unha nova ponte que nos custará 7,2M€, a realidade é que os pontevedreses “contaremos con un carril menos de circulación, pois a ponte dos Tirantes anula un carril, na Avenida de Compostela, anula outro carril, na ponte do Burgo, anúlanse 2 carrís de circulación, e por último, na Ponte da Barca anúlase outro carril. Como a nova ponte das Correntes ten tan só 4 carrís, os pontevedreses teremos en total, un carril menos de circulación”.
Quixo resaltar tamén a nula previsión do Plan de Tráfico e Mobilidade no tocante a algo tan importante como os accesos en caso de emerxencia, que tampouco están contemplados
COMISIÓN DE ECONOMÍA:
Pola súa banda, José Manuel Guillán explicou o acaecido na Comisión de Economía, na que se tratou un novo recoñecemento extraxudicial, o segundo do actual mandato, e o décimo sexto dende o 2007, e asegurou: “Os recoñecementos extraxudiciais denotan unha actuación, canto menos irregular por parte do goberno local. Este goberno carece de credibilidade, están sempre escondendo as facturas nos caixóns, esta vez levaremos a Pleno facturas de 2008 , 2009 ,2010 e 2011. Tamén levaremos 2 facturas que xa foron tramitadas no 2008 a través de un recoñecemento extraxudicial, e que inexplicablemente volveremos a levar a este Pleno, estamos agardando a que o Concelleiro nos aclare isto”, e rematou a súa comparecencia lembrando que Raimundo tiña un mandato do Pleno que o obrigaba a pagar esas facturas, polo tanto, incumpriu un mandato plenario.
[continua...]
[continua...]
[continua...]
[continua...]