José Manuel Cores Tourís, visitou en compaña do deputado autonómico Jacobo Moreira, e de varios membros da asociación de veciños de Campañó, as obras de saneamento que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a executar nesta zona.
Puideron comprobar in situ os avances dos traballos, Jacobo Moreira asegurou que “as obras están a executarse dentro do prazo previsto, a moi bo ritmo”, Cores Tourís, pola súa banda, recordou que estes traballos son froito dun convenio firmado entre a Xunta de Galicia e o concello de Pontevedra que rolda os dez millóns de euros.
Os veciños agradeceron a labor e implicación da Xunta de Galicia nestas obras. O presidente da asociación de veciños de Campañó, Fernando Moledo, mostrou a satisfacción do colectivo xa que “as obras van a un ritmo imparable e cumpren coas demandas da parroquia” e insistiu en que seguirán a manter contactos coa administración autonómica de cara a que se execute a terceira fase de saneamento na zona.
Os veciños aproveitaron a visita para explicar a Jacobo Moreira e Cores Tourís a falta de colaboración do concello, pois fronte ao que o concello fixo noutras parroquias, en Campañó, como tamén ocorreu en Santa María de Xeve, non se lles está a dar a oportunidade de conectar o saneamento das vivendas ao colector xeral mentres se están a executar as obras, e terán que volver a abrir o asfaltado para facelo, o que implica un custe maior.
Jacobo Moreira lamentou esta situación e aproveitou a visita a Campañó para agradecer a colaboración da Xunta de Galicia na execución destas obras. “Estamos aquí comprobando feitos e non maquetas como facían outros Gobernos. Unha vez máis a Xunta de Galicia mostra a súa aposta polo rural pontevedrés”, engadiu.
[continua...]
[continua...]
[continua...]
[continua...]