Hai xa dous meses que o Partido Popular compareceu, a pé de rúa, para denunciar o estado de abandono no que hai xa tempo que se encontra a Praza de Valentín García Escudero.
Transcorrido todo este tempo e moi a pesar de veciños e comerciantes, a situación non mellorou un ápice. Non se produciu ningún movemento por parte do bipartito local, a pesar da grave situación que sofren estes restos históricos, que persisten á intemperie, mal protexidos, afectados polas chuvias, o frío, animais vagabundos, augas insalubres e rodeados por un valo que nin sequera reúne as condicións mínimas de
seguridade.
A falta de xestión do goberno local queda patente unha vez máis, pois estes achados cumpren xa 5 anos á intemperie, e o que é peor, sen visos de que esta situación do patrimonio pontevedrés vaia mellorar.
Dende o Partido Popular non nos queda máis remedio que insistir, unha vez máis, na necesidade de tratamento da zona. Cremos que o máis axeitado, toda vez que xa sabemos que o concello non conta cos fondos suficientes para levar a cabo a musealización, é tratar os restos, protexelos e cubrilos, podendo recuperar así a praza para desfrute de todos os pontevedreses, ademais de evitar a imaxe negativa de unha cidade co seu patrimonio no estado en que se encontran os restos arqueolóxicos.
[continua...]
[continua...]
[continua...]
[continua...]