23 maio 2013
Jacobo Moreira, novo voceiro do Grupo Municipal popular de Pontevedra.
Asegura afrontar esta nova etapa con ilusión, pero "consciente da enorme responsabilidade que representa" Aproveitou a súa primeira comparecencia como voceiro para expresar a súa gratitude a Telmo Martín, o "primeiro en confiar en min e brindarme unha oportunidade".
27.03.2012

 

Esta tarde, Jacobo Moreira, deputado autonómico e, dende onte novo voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Pontevedra, compareceu para abordar a súa nova etapa na política local.

 

Iniciou a súa comparecencia mostrando a súa gratitude cara a Telmo Martín, "o primeiro en confiar en min e brindarme unha oportunidade, co que traballei os últimos seis anos man a man polo que -asegurou- para min non foi soamente un gran político, senón sobre todo, un gran compañeiro e xefe de filas, que deixa a súa acta de concelleiro sen que ningún outro candidato lle gañase nas urnas pontevedresas."

 

Jacobo Moreira dixo asumir a nova responsabilidade que se lle encomenda con ilusión e ganas de traballar, e co plus de "autoesixencia" que leva consigo saber que representará o Partido Popular, a forza política que máis respaldo ten na cidade.

 

Fixo tamén mención ao Grupo Municipal, do que asegurou sentirse orgulloso e seguro, pois "é un equipo unido, motivado e traballador".

 

O concelleiro popular informou aos medios que onte mesmo se mantivera a primeira reunión de grupo, na que se perfilaron as grandes liñas estratéxicas da renovada agrupación, da que pasará a formar parte César Abal, número 13 da candidatura popular.

Fixo fincapé na súa intención de manter a liña de traballo desenvolvida ata o momento, destacando a incidencia no Plan Xeral, a fiscalización das contas públicas e o incremento do contacto con colectivos e veciños, apostando por unha política de proximidade.

Finalizou a súa comparecencia afirmando que "o Alcalde terá un aliado no PP para aquelas decisións que sexan boas e positivas para o noso veciños, pero terá un adversario político naquelas decisións que non compartamos. Sempre que isto aconteza, a nosa crítica irá acompañada dunha proposta" O novo voceiro popular asegurou estar aberto ao diálogo e ao consenso, e pediu ao bipartito local que inicie unha nova etapa baseada no respecto a lealdade e o diálogo.

Máis noticias
o Blog de Telmo Martín
de
Reducción del déficit

 [continua...]

de
La educación

 [continua...]

de
Uno de los mejores líderes

 [continua...]

de
Otra vez el déficit

 [continua...]

Conéctate ao PP de Pontevedra
Participa
RSS

Descárgate os nosos titulares

Podcast

Lévate os nosos audios

Videocast

Lévate os nosos videos

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Outras webs : PP de Galicia
Partido Popular de Pontevedra
R/ Oliva, 4 - ENTREPLANTA 36001 | TFN 986. 84 38 04 FAX 986. 86 25 93