No pasado Pleno Municipal, Jacobo Moreira, voceiro do Grupo Municipal do PP de Pontevedra, presentou unha proposta coa que os tres grupos políticos estiveron de acordo. O concelleiro popular propuxo ao BNG e PSOE que retirasen as súas mocións e instasen á a Xunta de Galicia a que considere á cidade como área prioritaria na posta en marcha de prazas públicas destinadas a persoas maiores, seguindo sempre os obxectivos definidos no mapa de infraestruturas sociais elaborado pola Consellería de Traballo.
O concelleiro popular destacou a importancia de lograr un acordo ao respecto, porque "non podemos aproveitar esta situación tan desafortunada, non só para os afectados senón tamén para as súas familias, con todas as incomodidades que isto lles carrexa. Temos que intentar chegar a consensos positivos para a cidadanía" asegurou.
[continua...]
[continua...]
[continua...]
[continua...]