Esta mañá, Ricardo Aguilar, concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, compareceu na Sede Local para tratar novamente o Plan Xeral desta cidade.
A pesar de ser un dos cabalos de batalla do Partido Popular, que leva traballando dende hai 7 anos para conseguir que Pontevedra dispoña dun PXOM adaptado ás demandas non só urbanísticas, senón tamén ordenación e planificación que Pontevedra necesita, o bipartito local, tras 13 anos de goberno e un gasto de máis de 1,2M€, hai uns meses recoñeceu o seu fracaso e anunciou a súa renuncia a aprobar un Plan, procedendo á paralización dos traballos de redacción.
Ricardo Aguilar asegurou que "a única xustificación argumentada polo goberno local é que co Plan vixente -1989- aínda se podían construír 24.000 vivendas, cifra que nos pareceu moi distante da realidade e por iso na pasada Comisión de Infraestruturas solicitamos que esta afirmación do Señor Mosquera viñese avalada por un certificado dos técnicos municipais. Certificado que nunca se entregou á oposición, se ben é certo que tras reclamar varias veces a información se chamou a un técnico municipal que
portaba unha nota na que explicaba que o desenvolvemento urbanístico pendente do
Plan vixente -1989- é de 5.000 vivendas, cifra evidentemente moi afastada da que comentaba o Señor Mosquera (24.000), que se escusou argumentando que el contara todas aquelas vivendas que estaban xa construídas, pero que non ocupaban todo o volume permitido" polo tanto, continuou Ricardo Aguilar, "habería que demoler todas esas vivendas e construílas de novo, ocupando todo o espazo permitido, para poder alcanzar unha cifra de edificación maior que as 5.000 avaladas polos técnicos municipais. "
Esta afirmación por parte dos técnicos bota por terra a argumentación esgrimida polo bipartito local para paralizar a redacción do Plan e buscando un xeito de saír da lea, o Alcalde xa afirmou que cando se aprobe a reforma da lei do chan de Galicia, intentarán retomar o Plan. Ricardo Aguilar advertiu que "a reforma da Lei non ten data de aprobación e o único que se pretende dende o goberno local é gañar tempo para xustificar a súa inactividade".
O concelleiro popular mostrouse sorprendido porque "para os nosos gobernantes só son importantes as vivendas e non outras cuestións como a ordenación urbanística ou o desenvolvemento económico" e rematou a súa comparecencia instando o goberno local ten retomar canto antes a redacción do Plan, tan necesario para Pontevedra.
Outro asunto que se tratou ao longo da comparecencia foi a sentenza coñecida hoxe, na que se condena ao Concello a aboar algo máis de 300.000 € a SOGAMA. Ao respecto Ricardo Aguilar apuntou que "só temos coñecemento a través da prensa, pois como de costume só coñecemos as sentenzas favorables ao Concello de Pontevedra, das desfavorables nunca se dá conta".
[continua...]
[continua...]
[continua...]
[continua...]