20 maio 2013
O Partido Popular propón a creación dunha liña de axudas para o transporte dirixidas ás persoas con algún tipo de discapacidade ou minusvalía que afecte gravemente á súa mobilidade
O Concello non dispón de ningunha alternativa de transporte dirixida a este colectivo. O bono-taxi que xa se está a aplicar en outras cidades, sería unha boa opción.
05.06.2012

Esta mañá, María José Rodríguez, concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular de Pontevedra, compareceu na Sede Local para presentar unha alternativa de transporte dirixida a todas aquelas persoas que posúen impedimentos graves para desprazarse por si mesmos.

“É necesario facilitar un medio alternativo de transporte adaptado a aquelas persoas con discapacidade ou que vexan gravemente afectada a súa mobilidade, e que non poden utilizar con carácter xeral transporte público, algo co que ademais tampouco contamos na nosa cidade” asegurou María José.

A proposta popular consistiría en crear unha liña de subvencións en concorrencia competitiva dirixida a este colectivo co formato de Bono - Taxi, que consistiría en axudas económicas de carácter individual, co obxecto de proporcionarlles un servizo de desprazamento en taxi para favorecer o desprazamento na cidade, mediante a utilización deste servizo público. “Podería articularse por medio de un convenio coa asociación de Autopatronos de Taxis de Pontevedra e con unha entidade bancaria, que facilitase unha tarxeta “recargable” que o propio concello entregaría a cada usuario co valor da contía concedida na subvención, e que o usuario podería utilizar para desprazarse en taxi sempre que o necesitase. “O Concello sería o encargado de redactar os requisitos dos solicitantes e as características específicas do proceso de selección e concorrencia” rematou.

A Concelleira popular entende que esta actuación é moi necesaria pois “ a día de hoxe, o Concello de Pontevedra non dispón de ningunha alternativa de transporte para as persoas que non poden desprazarse por si mesmas. Entendemos que para poñer en marcha un servizo destas características sería suficiente unha contía global de uns 30.000€, unha cantidade que non debería supoñer demasiado para un Concello tan saneado como o noso. Ademais suporía un gran beneficio para este colectivo”.
 

Máis noticias
o Blog de Telmo Martín
de
Reducción del déficit

 [continua...]

de
La educación

 [continua...]

de
Uno de los mejores líderes

 [continua...]

de
Otra vez el déficit

 [continua...]

Conéctate ao PP de Pontevedra
Participa
RSS

Descárgate os nosos titulares

Podcast

Lévate os nosos audios

Videocast

Lévate os nosos videos

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Outras webs : PP de Galicia
Partido Popular de Pontevedra
R/ Oliva, 4 - ENTREPLANTA 36001 | TFN 986. 84 38 04 FAX 986. 86 25 93