22 maio 2013
Jacobo Moreira interpela no Pleno Municipal ao Alcalde sobre a débeda con SOGAMA .
• O Portavoz popular preguntou a Lores cales eran as previsións do Concello para facer fronte ás eventuais condenas no conflito relacionado coa entidade de xestión de lixo, tras coñecerse a sentenza ditada o 21 de maio polo xulgado Contencioso Administrativo nº3 de Pontevedra, que condena ao concello a aboar o canon que SOGAMA lle reclama.
18.06.2012

A sentenza, a pesar de non ser firme, abre un camiño polo que poderían derivar o resto dos recursos xudiciais que a entidade ten entablados contra o Concello  de Pontevedra, e que podería carrexar unha débeda para a administración local de case 3M€; posibilidade que preocupa moito ao Partido Popular, pois de facerse efectiva esta débeda,  suporía un quebranto importantísimo para as arcas municipais.

O portavoz  popular interesouse sobre a opinión persoal do Alcalde de Pontevedra, como responsable último da xestión do Concello, desta sentenza, que ademais cualificaba a actitude do Concello de “caótica e desconcertante”. Jacobo Moreira tamén preguntou cales eran as previsións orzamentarias para facer fronte aos posibles fallos, e lembrou  a existencia de unha “cascada de preitos pendentes, que poden levar ás arcas municipais a unha situación insostible”.

Temos que dicir que o Alcalde evitou dar unha resposta concreta e pasou de puntillas sobre estas cuestións, tentando desviar a atención e criticando que só asistise un membro do Partido Popular ao acto conmemorativo dos seus 25 anos como concelleiro .
 

Máis noticias
o Blog de Telmo Martín
de
Reducción del déficit

 [continua...]

de
La educación

 [continua...]

de
Uno de los mejores líderes

 [continua...]

de
Otra vez el déficit

 [continua...]

Conéctate ao PP de Pontevedra
Participa
RSS

Descárgate os nosos titulares

Podcast

Lévate os nosos audios

Videocast

Lévate os nosos videos

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Outras webs : PP de Galicia
Partido Popular de Pontevedra
R/ Oliva, 4 - ENTREPLANTA 36001 | TFN 986. 84 38 04 FAX 986. 86 25 93