Esta tarde, Jacobo Moreira, voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Pontevedra integrarase no Comité de Dirección do Partido Popular de Galicia en substitución do anterior voceiro, Telmo Martín.
A reunión do Comité terá lugar ás 17:30h na Sede Rexional do PP ( Avda.de Fernando Casas Novoa bloque 2, baixo, Santiago de Compostela)
O voceiro pontevedrés comeza así unha nova etapa asumindo esta responsabilidade como membro do Comité de Dirección do Partido Popular de Galicia; asegurou asumir esta empresa con "enorme ilusión e ganas de traballar por Pontevedra, cidade que represento", e agradeceu a confianza depositada con este novo nomeamento.
O Comité de Dirección do PPdG está integrado polo Presidente do partido, o Secretario Xeral, os Presidentes Provinciais, os Vicesecretarios e Coordinadores, os Voceiros das 7 grandes cidades, o Voceiro do Grupo Parlamentario no Parlamento de Galicia e polo Presidente de Novas Xeracións, e é considerado un órgano de vital importancia para o Partido Popular a nivel Galego.
[continua...]
[continua...]
[continua...]
[continua...]