
Unha vez mais, o Partido Popular asiste a unha nova instrumentalización das institucións públicas do Concello de Pontevedra.
Si hai unha semana era o propio Alcalde o que nos sorprendía utilizando o seu cargo para facerse un homenaxe a si mesmo, hoxe decatámonos de que o Partido Socialista
Pontevedrés tamén aprendeu as leccións do Sr. Lores, e utilizou o canal informativo do seu partido para presentar o vídeo institucional de promoción do turismo da cidade. Temos que lembrar que o devandito vídeo foi costeado con recursos públicos, é dicir, de todos os pontevedreses.
Isto constitúe un novo abuso das institución públicas xa que non resulta entendible que o vídeo non estea publicitado nin na páxina “visit pontevedra”, páxina oficial de Turismo de Pontevedra, nin en ningunha outra web adicada á promoción do turismo.
Temos que lembrar tamén que a concelleira socialista Carlota Román, anunciou e presentou este vídeo promocional a través dunha rolda de prensa no Concello de Pontevedra, e acto seguido anticípao mediante a web do seu partido.
De novo observamos que os membros do bipartito local parecen non diferenciar as institucións municipais dos seus propios partidos políticos. Dende o Partido Popular esixímoslle ao Sr. Lores, como Alcalde e responsable último da xestión e funcionamento do seu goberno, que retire o vídeo pagado por todos os pontevedreses da canle do Partido Socialista e o publicite en medios especializados en turismo, para que a campaña turística cumpra a súa función , que non é outra que a de publicitar a nosa cidade e non ao PSOE.
[continua...]
[continua...]
[continua...]
[continua...]