
O pasado día 28 de maio, Pablo Fernández, concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Pontevedra, compareceu na Sede Local para denunciar o estado de abandono que presentaban numerosas obras de recente execución. Entre elas atopábase a Avenida de Marín, obra estrela do bipartito pontevedrés, inaugurada en plena precampaña electoral, e na que a día de hoxe podemos observar numerosas deficiencias.
Outro dos puntos comentados polo concelleiro popular foi a situación do quiosco emprazado na medianeira da Avenida de Marín, no cruce con Manuel del Palacio, que permanecía pechado a pesar de que a obra levaba xa máis dun ano rematada.
Esta instalación, cun presuposto nada desprezable tendo en conta que estamos a falar dun quiosco, custou máis de 33.000€. Na súa intervención, Pablo Fernández lembráballe ao concello que este establecemento, a pesar de que se viñan de adxudicar os quioscos da cidade, non fora incluído nesa convocatoria, e polo tanto permanecía pechado.
Pois ben, o Partido Popular observa con agrado que aínda que con un mes de retraso, o Concello admite o seu erro e procede a emendalo. O vindeiro luns o goberno local seguirá as recomendacións do Partido Popular e aprobará a licitación pública deste establecemento. Dende o PP non podemos mais que alegrarnos deste cambio de actitude do goberno do Sr. Lores.
[continua...]
[continua...]
[continua...]
[continua...]