Domínguez urxe erradicar un problema de convivencia e salubridade no Gorgullón, tralo asentamento de persoas sen fogar

18 octubre, 2026

  • O presidente local Rafa Domínguez e a concelleira Raquel Martínez comprobaron como restos de comida e abundante suciedade se misturan con excrementos humanos 
  • Pese ás numerosas chamadas dos veciños o Concello, unha vez máis, non actúa para ofrecer unha solución ás persoas sen teito que se asentaron na zona

O presidente local do Partido Popular, Rafa Domínguez, e a concelleira Raquel Martínez acudiron ao barrio do Gorgullón, concretamente á Rúa da Agua, logo de recibir a chamada de varios veciños que levan días a sufrir un gran malestar tralo asentamento baixo os voladizos do seu edificio de varias persoas sen fogar que están a provocar numerosos altercados nocturnos así como un importante foco de insalubridade na zona.

Os representantes do PP local comprobaron como na zona se acumula moito lixo así como múltiples bolsas que se van misturando con restos de alimentación, bebidas e excrementos humanos. Domínguez e Martínez acompañaron aos veciños e escoitaron como lles foron relatando toda a poblemática coa que conviven durante as últimas semanas.

Durante o día son a suciedade e o mal cheiro os principais problemas, posto que impiden que a veciñanza poida ventilar as súas vivendas e mesmo facer uso deste espazo público da rúa da Auga e as súas beirarrúas. Pero coa chegada da noite é cando a situación se volve máis preocupante, pois estas persoas sen fogar protagonizan numerosas liortas entre eles a altas horas da madrugada que fan que a veciñanza non poida descansar e que permaneza nunha situación de alerta, inseguridade e intranquilidade nos seus propios fogares. 

Domínguez incide de novo na necesidade de actuar ante situacións que afectan tanto ás persoas sen fogar e en risco de exclusión como aos veciños que padecen problemas de convivencia. «As persoas sen fogar necesitan atención social, seguimento e recursos especializados, especialmente cando existen problemas de adicción ou outras circunstancias de exclusión», lembra o portavoz do Partido Popular de Pontevedra. 

OFICINA DE PRENSA DO PP DE PONTEVEDRA Rúa Palamios, 7, baixo esquerda. Pontevedra. pppontevedraprensa@gmail.com | Tel. 986.843.804 @ppdepontevedra #SomosMaioría

Ao mesmo tempo, Domínguez sostén que os veciños teñen que ter garantida a convivencia nos espazos públicos e, sobre todo, teñen dereito a poder descansar con tranquilidade e seguridade nos seus fogares «sen ter que ser testigos de liortas e escándalos nocturnos» que os manteñan nun innecesario estado de alerta e nerviosismo.

Por último, Domínguez lembra que este problema non é algo puntual nin descoñecido para o Goberno de Lores, senón que «o PP leva todo o mandato advertindo ao alcalde e ao Goberno do BNG da necesidade de actuar ante situacións que afectan tanto ás persoas sen fogar e en risco de exclusión como aos veciños que padecen problemas de convivencia».