O antigo edificio de Facenda, símbolo do desleixo de Lores despois de 20 anos

Casa da Culura Alexandre Bóveda
17 mayo, 2019

Neste venres festivo e tras participar nos actos do Día das Letras Galegas en Cerdedo – Cotobade, o candidato popular charlará con veciños e simpatizantes dende a Rafaneta, acompañado por Miguel Tellado. Tamén ten previsto un encontro veciñal en Cerponzóns e finalizará a xornada no concerto da Banda de Música de Salcedo.

  • O candidato popular e a número 4, Ana Isabel Vázquez, reivindicaron hoxe a súa aposta por crear a Casa da Cultura Municipal Alexandre Bóveda no antigo edificio de Facenda.
  • As instalacións contarán cunha biblioteca pública municipal especializada en literatura infantil e xuvenil, en literatura galega e no cómic; con salas de exposición; cun salón de actos; e cun centro interxeneracional e inclusivo. Tamén albergará os arquivos municipais, provincial e histórico.
  • Ademais, propoñen a creación dun Clúster Cultural que permita reunir a todos os sectores involucrados no eido cultura porque “a Cultura pode e debe ser un elemento catalizador de riqueza e da xeración de emprego”.

Pontevedra, 17 de maio de 2019.-

O candidato popular á Alcaldía, Rafa Domínguez, acompañado pola número 4 da súa candidatura, Ana Isabel Vázquez, compareceu este venres, Día das Letras Galegas, ante o antigo edificio de Facenda, para reivindicar a súa aposta por crear a Casa da Cultura Municipal Alexandre Bóveda. “Un espazo municipal que permita acoller a todos os sectores involucrados no eido cultural”, destacou.

O lugar elixido para a comparecencia non é casualidade, posto que o candidato popular aposta porque sexa este edificio o que albergue as futuras instalacións culturais de Pontevedra. “Un edificio abandonado que vén a demostrar unha vez máis o desleixo do BNG de Lores”, recalcou Domínguez.

Así, a Casa da Cultura Municipal Alexandre Bóveda proposta polos populares contará cunha biblioteca pública municipal especializada en literatura infantil e xuvenil, en literatura galega e no cómic para nenos e adultos dado que “nesta cidade temos unha canteira importante de debuxantes e deseñadores aos que debemos darlle unha oportunidade”, apuntou Ana Isabel Vázquez; estará ademais dotada con salas para a lectura e o estudo que abrirían 24 horas durante o período de examines. Deste xeito, “daremos resposta a demanda de numerosos estudantes que levan anos reclamando unha infraestrutura na que poder estudar polas noites e as fines de semana”, puntualizou a número 4 da lista de Rafa Domínguez.

A Casa da Cultura Municipal Alexandre Bóveda tamén contará con varias salas de exposicións porque como sinalou Ana Isabel Vázquez “a cidade ten unha carencia importante de salas ben equipadas no centro”; cun salón de actos “no que se poidan desenvolver diferentes actividades de índole cultural e que sexa un referente para todas as asociacións culturais de Pontevedra” e cun centro interxeneracional e inclusivo no que desenvolver múltiples actividades. Ademais, se adaptará o edificio para albergar os arquivos municipal, provincial e histórico, “convertelo nun gran centro de investigación, único en Galicia, un referente para os investigadores”, agregou

Rafa Domínguez aposta pola Cultura “como un dos motores económicos da nosa cidade” e por este motivo propón tamén a creación dun Clúster Cultural “no que todos os actores estean involucrados: Universidade, artistas, consumidores, a industria, as empresas patrocinadoras…”. “Entendemos que a Cultura pode e debe ser un elemento catalizador da creación de riqueza e da xeración de emprego”. Pontevedra conta coa única facultade de Belas Artes de Galicia; coa ESDEMGA, unha das escolas máis prestixiosas do país; coa Universidade de Vigo, que conta con instalacións non só no eido educativo senón tamén cultural como a Casa das Campás. Ademais, na nosa cidade tamén se atopa a sede da UNED, da Afundación, o Café Moderno, o Teatro Principal, o Pazo da Cultura, ademais de varias galerías de arte privadas que completan a oferta pública cultural do noso municipio. Pontevedra organiza o Culturgal e o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, dous dos eventos culturais máis importantes de Galicia.

“Queremos poñer en valor o enorme potencial cultural que temos. Pontevedra ten que ser un referente cultural no só a nivel galego, senón de todo o noroeste da Península”, sentenciou o candidato popular.

Nesta oitava xornada de campaña electoral, o candidato popular acudiu ao acto institucional organizado co gallo do Día das Letras Galegas en Cerdedo – Cotobade, pobo natal de Antón Fraguas. Pola tarde, charlará, xunto ao secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, con veciños e simpatizantes dende a Rafaneta, hoxe con parada na praza da Ferrería; participará nun encontro veciñal na parroquia de Cerponzóns, no que estivo acompañado pola número 2, Pepa Pardo, e finalizará o día no concerto que ofrece a Banda de Musica de Salcedo polo Día das Letras Galegas no Pazo da Cultura de Pontevedra.