- O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo concelleiro Juan Manuel Muñoz, asistirá á misa homenaxe a Alexandre Bóveda, na Igrexa de San Amaro, e ao acto cívico diante do sartego do político galeguista
- “Penso que o único crime que cometeu Bóveda foi amar a Galicia, que é o mesmo que facemos todos nós. A nosa participación é normal e lóxica, e debemos estar agradecidos o legado de Bóveda e o traballo da súa Fundación”
- O concelleiro Martín Martínez asistirá o acto institucional organizado polo Concello de Poio e a fundación Alexandre Bóveda
O presidente do Partido Popular, Rafa Domínguez, ven de confirmar a presenza da formación local nos actos organizados polo Día da Galiza Mártir, organizados pola Fundación Alexandre Bóveda. Domínguez, acompañado polo concelleiro Juan Manuel Muñoz, asistirá á misa homenaxe a Alexandre Bóveda, na Igrexa de San Amaro as 18 horas, e ao acto cívico diante do sartego do político galeguista, as 19 horas.
“Penso que o único crime que cometeu Bóveda foi amar a Galicia, que é o mesmo que facemos todos nós. A nosa participación é normal e lóxica, e debemos estar agradecidos o legado de Bóveda e o traballo da súa Fundación”, subliñou o popular.
O concelleiro Martín Martínez asistirá o acto institucional organizado polo Concello de Poio e a Fundación Alexandre Bóveda.