NOVAS
  • O PP asume a moción veciñal que reclaman a reforma integral de Mollabao

    09 de decembro de 2018 ETIQUETAS: ciudadano, pontevedra
    Compartir

    “Urxe trasladar o modelo urbano aos nosos barrios e por iso comprometémonos desde un primeiro momento cos veciños de Mollabao". Rafa Domínguez pide ao BNG de Lores que atenda esta demanda histórica e lémbralle que “máis aló do centro, Pontevedra tamén existe”. Tras analizar o orzamento municipal para o próximo ano 2019, os populares lamentan que “Lores volva fallar aos veciños de Mollabao”.

  • “Para o BNG de Lores Monte Porreiro tampouco é Pontevedra en nadal”

    07 de decembro de 2018 ETIQUETAS: ciudadano, Parroquias, pontevedra
    Compartir

    Rafa Domínguez celebra a notable melloría que se aprecia na decoración do Nadal instalada este ano no centro da cidade, pero lamenta “a discriminación que se fai cos veciños do barrio”. Queixa que tamén fai extensiva ao rural tras comprobar que a maioría de parroquias non conta con adornos do Nadal. Os populares destacan que “en parroquias como Campañó a iluminación é inexistente, e en Placeres, corre a cargo da comisión de festas”. “Non pedimos que se enchan os barrios e o rural de iluminación do Nadal, pero si un mínimo. Só as rúas Cobian Roffignac ou Michelan teñen máis iluminación do Nadal que todo o barrio de Monte Porreiro”

  • “Non podemos aceptar uns orzamentos que non teñen o emprego como prioridade”

    04 de decembro de 2018 ETIQUETAS: ciudadano, pontevedra
    Compartir

    Os populares presentan unha emenda á totalidade dos orzamentos municipais do BNG de Lores. Desvelan que a cifra investidora real é de 5,5 millóns de euros.“O BNG de Lores fala de 65,7 millóns de euros en investimentos para 2019, cifra que non está avalada por ningún técnico municipal. O Goberno local asumen como propios investimentos que realizarán empresas privadas”. Lembran ademais que, por primeira vez dende hai varios anos, desaparece a palabra compost do orzamento. “Non hai nin unha soa referencia, a pesar de que xa investiron máis dun millón e medio de euros na compostaxe”.

  • Domínguez presenta o xornal “Pontevedra en Positivo” para facer chegar aos veciños a súa visión sobre o municipio

    03 de decembro de 2018 ETIQUETAS: ciudadano, Parroquias, pontevedra
    Compartir

    Trátase dunha vía máis de comunicación que se suma aos medios tradicionais, ás redes sociais e ás reunións que manteñen tanto con afiliados, asociacións ou veciños. “Son 3.000 exemplares que para nós serán 3.000 oportunidades máis de chegar aos pontevedreses”. Neste xornal hai humor, crónica, opinión, entrevistas e análise sobre “como vemos e como queremos Pontevedra”.

  • “A negociación do orzamento demostra que en maio só haberá dúas opcións: o BNG de Lores ou o PP de Domínguez”

    29 de novembro de 2018 ETIQUETAS: ciudadano, Parroquias, pontevedra
    Compartir

    Lores non aceptou ningún dos cinco puntos defendidos por Domínguez: Emprego, Rural, Transporte, novo PXOM e rebaixa de impostos. Rafa Domínguez confirma que os populares voatarán en contra do documento orzamentario do Goberno local e lamentan que “para Lores non sexa unha prioridade o emprego, o rural e o transporte público”. “Somos os únicos que encarnamos a oposición”, apuntou o presidente dos populares tras lamentar “o seguidismo rechamante” de Psoe e Marea.

PP de Pontevedra

Calle Palamios Nº 7, Bajo
36001 Pontevedra
TFN 986. 84 38 04
FAX 986. 86 25 93
informacion@ppdepontevedra.com

Últimos tweets

  • A partir das 13:30h. @RafaDominguezPo participará nunha nova edición dos Debates Territoriais de @RadioGalega no qu… https://t.co/5PRJfrtmCU
  • RT @Diario_Pontev: #Pontevedra 🚧 El @PP_Pontevedra asume la moción para exigir mejoras en Mollavao https://t.co/KOYq61wUCJ
  • W3C WAI-AA
  • tawdis AA
    Herramienta usada para el análisis de la accesibilidad
  • W3C CSS
  • mobile ok
    Realizados diversos test para su funcionamiento optimo en dispositivos móviles

CONTACTA CON
JACOBO MOREIRA //

Gustariame coñecer tua opinión, as túas preocupacións, os teús problemas. Por iso ofrezo este medio para que me fagas o favor de facermos chegar. Prometo ter en conta todo o que me digas, aínda que non necesariamente teña que estar de acordo. Ás miñas redes sociais
lín e acepto a
política de privacidade