Esta mañá, a Conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou a base de helicópteros de O Campiño en Pontevedra, para comprobar o bo funcionamento dos programas de prevención e extinción de incendios postos en marcha pola Consellería que dirixe.
Ao longo da visita estivo acompañada polo Delegado da Xunta, Xosé Manuel Cores Tourís, e o concelleiro popular Pablo Fernández.
Rosa Quintana trasladou o seu recoñecemento aos profesionais que traballan nela, e fixo fincapé na concienciación cidadá como factor clave na prevención de incendios.
[...]
Jacobo Moreira, deputado Autonómico e concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, compareceu na Sede Local para aclarar as condicións de xestión da nova gardaría de Monte Porreiro, ante as constantes críticas do goberno local.
Recordou que o Concello pontevedrés podería de encargarse da dirección do centro e aplicar o modelo de xestión que estime máis oportuno ou baixar o prezo aos usuarios, pero a realidade é que "non" foi capaz de facelo, e tivo que pedir á Xunta que a puxera en funcionamento".
A fórmula de xestión que se aplicará [...]
![]() |
Telmo Martín González |